• síguenos
  • Textil y complementos
  • Aparatos eléctricos y electrónica
  • Ocio y deporte
  • Juguetes
  • Herramientas
  • Mobiliario
 

Este é un proxecto en crecemento, aínda hai moitos lugares e zonas a incluír. Axúdanos a enchelo!

Benvid@s a Alargascencia

¡Rebélate contra o modelo de consumo de “MERCAR E TIRAR”! Para axudarte, dende Amigos da Terra elaboramos un directorio de establecementos que alongan a vida útil dos produtos: arranxando, compartindo, reparando, alugando, intercambiando ou utilizando produtos de segunda man. Esta é a alternativa que propoñemos ao consumo lineal, que impuxeron os mercados e as grandes empresas, e á obsolescencia programada e percibida. Pecha círculos e acaba co sistema actual de extraer recursos naturais, usalos (poucas veces) e tiralos.

Se es das persoas que se resisten a cambiar de teléfono móbil unha vez ao ano, aínda que se estrague a batería ou saquen un modelo “mellor”; se comprobaches que usas o taladro menos de 5 veces ao ano e non lle ves a lóxica a comprar un novo; se tes ou necesitas roupa de bebé que dura menos de tres meses... Benvida a alargascencia!

Outra forma de consumo é posible. Como? Alongando a vida das cousas. Dende Amigos da Terra estamos recompilando, neste directorio, tendas, talleres e, en xeral, lugares onde se proporcionan estes servizos. Se coñeces máis iniciativas deste tipo non dubides en avisarnos para sumalas a este mapa e contribuír a que crezan as alternativas. Aquí te deixamos os criterios que respectan os establecementos de Alargascencia.

Acaba coa obsolescencia. Longa vida á materia!

Suscribete ao boletin

Comparte esta web

  • Queremos que se reduza o IVE ás reparacións, o aluguer e a venda de 2ª man.

    Pedimos ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que o IVE pase do 21% actual ao 10%. Ao reducir a carga impositiva sobre as reparacións, e por tanto o seu prezo, fomentarase a práctica da reparación, o aluguer ou a reutilización.

    Asina!

  • Suobe os establecementos que coñezas, e aumenta o directorio.
    Alargascencia é un proxecto colaborativo, canta máis xente suba comercios, máis xente coñecerá novas alternativas.
    Cóntallo á túa xente!

    Participa aquí

     

  • Acompañouche en momentos clave da túa vida e retrataches moitas paisaxes e sorrisos con ela. Tirarala porque  xa non funciona correctamente?

    As cousas fabrícanas lonxe pero repáranse preto.

     

  • ¿Sabes que hay una biblioteca en Madrid donde te prestan instrumentos musicales? ¡Y también puedes tocar en sus cabinas de ensayo!

    Víctor Espinós fue la biblioteca musical pionera en Madrid

  • Para que comprar un taladro se vas utilizalo menos de 5 veces ao ano?
    Pídello a alguén que coñezas ou localiza o establecemento onde podes alugalo

Alguns establecementos