Dereito a Reparar
Fomentar o dereito para reparar non só afecta o teu peto, senón que supón tamén poñer límites á extracción de recursos naturais e previr a crecente xeración de residuos.
Fronte ao contexto de crise climática, é urxente aumentar a reutilización dos produtos e alongar a súa vida útil. Na actualidade existen múltiples barreiras á reparación que non permiten ás consumidoras e usuarias reparar os seus aparellos eléctricos e electrónicos, por exemplo. Pola contra séguense comercializando produtos de baixa calidade, que reforzan a cultura do usar e tirar e fabrícanse vulnerando os dereitos humanos e ambientais en todo o mundo.
As cousas teñen arranxo!





