Ir a Amigos de la Tierra

Alargascencia é unha web aberta e colaborativa na que impulsamos esta maneira de darlle unha segunda vida ás cousas, en contra do sobreconsumo que nos queren impoñer.

Pero non é só iso, Alargascencia é unha campaña que busca presionar ás administracións para conseguir o noso dereito para reparar e cambiar as políticas para reducir a produción e o consumo de recursos.

Resistimos para dar múltiples vidas ás cousas!

Fronte á obsolescencia ofrecémosche un directorio de establecementos nos que podes reparar obxectos, alugar, facer trueque e atopar ou vender produtos de segunda man.

Facilita a procura daqueles pequenos comercios, cooperativas e outro tipo de iniciativas, próximos á túa casa onde podes atopar todos estes servizos.

Fronte ao modelo actual que nos asolaga con produtos que cada vez duran menos, nós Resistimos e a través desta web propoñémosche  reparar, reutilizar e resistir, e así reducir o consumo de recursos naturais, e en consecuencia contribuír a protexer o planeta e os dereitos das persoas e comunidades.

Xa sabemos que a reciclaxe é insuficiente para reducir o consumo de recursos naturais. Hai que reducir a demanda de consumo actual para frear esta espiral insostible de crecemento ilimitado neste planeta de recursos finitos. Así que che propoñemos empezar polo principio, a redución. Apostamos polo uso de bens duradeiros, reparables, compartidos e comunais.

Queres coñecernos máis?

Visita a nosa páxina